A noite de Uxía
Tremendo concerto de Uxía http://www.uxia.net/ onte no Bar Liceum do Porriño http://www.barliceum.com/principal.htm . Coa sua voz de mel encheu a calurosa noite e levouse ao publico, amigos e familia a vivir no ceo, case voamos nas ás do seu cantar. Grazas, Uxía, irmá. Pero despois... Aventura na madrugada! Ás tres e media da mañá, Aldara, a miña filla que xa sabe facer de nai comigo (ben!), xa estabamos por fin na cama... Pero antes... Un home descoñecido chega xunto de nós no medio da noite. Baixase do seu coche... E axudanos a quita-lo noso do medio da estrada, xusto fronte a nosa casa de Peitieiros, alá arriba naquel monte baixo o alto de San Antoniño, en Gondomar. Pero antes... Chegamos co coche a casa e, daquela máis das dúas da madrugada, e cando lle vou dar volta para que quede cara á costa abaixo, callase. Non da arrincado. Non entran ben as marchas. Estamos no medio da estrada. O coche tapa-la enteira. Dunha beira a outra. Saímos. Corre, corre, ponte o chaleco reflectan...